venres, 30 de decembro de 2016

Club de lectura

O xoves 22 de decembro foi unha xornada moi especial para o club de lectura, tiñamos moito que celebrar a pesar de que non nos tocou a lotería. Pero antes fixemos os deberes e comentamos a última obra lida, Al mal tiempo mejor cara de Bárbara Constantine. É unha lectura áxil e entretida cunha temática interesante ao tratar a soidade das persoas maiores, e as súas relacións interxeneracionais. O ton é vitalista e moi positivo. Tal como comentaba Virginia: " É unha lectura idónea para estas datas; todo de color de rosa!".


De todos modos estas características que gustaron a uns foron criticadas por outras persoas. A sencillez foi vista como simpleza; María e Angeles vían a obra case como xuvenil. O ton optimista restaba verosimilitude ao narrado de xeito que non había modo de crelo, tal como dicía Tati.













E despois dos comentarios e do debate intenso, chegou a hora do champán e o turrón pois o club de lectura tamén quere celebrar as festas navideñas.
Fixemos un alto entre polvorón e mazapán para recibir aos rapaces caldenses que conducen o programa de radio "El caso Stavinsky" en Radio Caldas, onde fan protagonistas aos caldense que están fóra e todas as actividades culturais do pobo.

Unha breve entrevista e unhas risas entre tod@s para rematar a última reunión do ano do club de lectura.






Na vindeira sesión, o xoves 26 de xaneiro debatiremos sobre La diosa del pubis azul de Espido Freire e Raúl del Pozo.
                                                                                                        

martes, 27 de decembro de 2016

Nadal de conto na biblioteca

O xoves e venres da semana pasada rematamos coas actividades de "Nadal de conto na biblioteca".







Esta vez tocoulles aos maiores. O xoves escoitaron contos e fixeron figuras para a árbore rapaces que cursan 1º e 2º de primaria.












O venres 23 de decembro un grupo de rapaces de 3º de primaria en diante botaron unhas risas coa historia dun lobo que quería comer a Papá Noel.
Despois traballaron arreo e fixeron uns divertidos centros de mesa navideños.
Moi contentos cos seus adornos navideños!

luns, 26 de decembro de 2016

Coñece a túa biblioteca

Fai uns día comezamos coas visitas dos centros educativos á biblioteca.




Os primeiros en vir foron os de 4º de Primaria do Colexio San Fermín. Despois dun percorrido pola biblioteca disfrutaron dun bo menú de contos






Os seguintes rapaces que nos visitaron foron os de 1º da ESO do IES Aquis Celenis. Primeiro fixemos un percorrido polo centro.







Rematamos cun conto que non sabiamos moi ben se era para nenos ou para adultos...




sábado, 17 de decembro de 2016

Nadal de conto na biblioteca

 

Como cada ano a biblioteca prepárase para estas festas e que mellor maneira de facelo que escoitando un conto de temática navideña.
Onte foi o día para os máis pequenos, nenos entre os tres e os cinco anos.

                                            
 

O conto elexido foi "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Algún neno xa o coñecía pero igualmente todos botamos unhas risas. Cris tamén nos falou do Apalpador...incluso cantamos unha canción!








As mesas enchéronse de papeis de cores, tesoiras e ceras. Os rapaces traballaron na elaboración dunha  árbore navideña.
                                             






Os nenos mostran os traballos que levaron  para os seus fogares.

Posando diante da árbore navideña da biblioteca. Este ano é un pouco especial xa que é de papel e imos decorala entre todos.  Onte fixeron unhas estrelas que xa lle fomos colocando.
A semana próxima tócalle aos maiores. O xoves 22 ás 12.00h da mañá teremos a actividade para os nenos de 1º e 2º de Primaria e o venres á mesma hora para os nenos de 3º en diante.
Inscríbete xa!!

venres, 9 de decembro de 2016

Nadal de conto na biblioteca


Escoitaremos algún conto, adornaremos a biblioteca e levaremos para as nosas casas un bonito agasallo navideño...


Inscríbete xa!

luns, 5 de decembro de 2016

NadaLibros



Preparándonos para as datas que se achegan quixemos facer unha pequena selección de materiais relacionados co Nadal.








Para os máis novos, para aqueles que non o son tanto, para decorar a casa, para argallar o menú, para... 

Achégate ata a biblioteca e bota unha ollada, seguro que atoparás algo do teu interese.



venres, 2 de decembro de 2016

Premiados

Calquer pretexto é perfecto para que os libros saian das estanterías e ocupen un posto máis visible na biblioteca. 

 



Estos días queremos achegarvos á obra da poetisa Chus Pato, recién nomeada académica numeraria da Real Academia Galega e do derradeiro premio Cervantes,  Eduardo Mendoza. 
Se non os coñeces prometemos moi bos momentos coa lectura de calquera das súas obras.
 





venres, 25 de novembro de 2016

Club de lectura


Inglaterra, finais do século XX. No medio da idílica paisaxe campestre, un colexio exclusivo acubilla aos seus alumnos, protéxeos do mundo exterior, failles crer que son especiais, auténticos seres escollidos. Mais, por que están realmente alí? Kazuo Ishiguro, autor de The Remains of the Day (O que queda do día), explora nesta novela as posibilidades da ficción a través dun relato que agacha unha verdade terrible. Non me deixes nunca é a historia dun destino inesperado, dun fado arrepiante que pon de relevo a fraxilidade do ser humano fronte a un mundo aparentemente feliz. [Presentación Editorial]



 

Onte no club de lectura comentamos a obra Non me deixes nunca do escritor Kazuo Ishiguro. 
Foi publicada no 2005 con gran éxito de público e  crítica, estando nominada a varios premios un deles moi cercano a nós o Premio novela europea 2006


 
 

Novela de iniciación, distópica,  novela gótica ou de ciencia ficción son algúns dos calificativos que se lle deron a esta obra ainda que certamente non encaixe en ningunha delas.




Na reunión houbo un debate con moita paixón, posto que á maioría dos participantes non lles gustou a obra, pois ainda que o tema que se plantexaba nela era moi interesante, a lectura resultoulles aburrida. Sen embargo houbo unha minoría que gozaron moito coa súa lectura, defendendo cada quen a súa postura de forma vehemente.
A obra forma parte da colección da biblioteca...anímate a levala en préstamo!! 

A próxima reunión será o 22 de decembro para comentar Al mal tiempo, mejor cara de Barbara Constantine.






martes, 8 de novembro de 2016

Doazón de arte

A revista Románico: revista de arte de amigos del romániCO entrou na biblioteca grazas a unha doazón do seu director, Augusto Guedes de Castro, que estivo vinculado a Caldas a través do IES Aquis Celenis, centro onde foi profesor durante varios anos. 
É unha das poucas publicacións de arte editada en Europa sobre este estilo polo que pode ser de interese para estudantes e curiosos da materia.

Moitas grazas!!!

venres, 28 de outubro de 2016

Club de lectura

Onte iniciamos unha nova tempada do club de lectura. Falamos dos libros que nos acompañaron este verán e a continuación demos paso á conversa sobre a obra La rubia de ojos negros


Benjamin Black, o autor, é o seudónimo baixo o que escribe novela negra o escritor irlandés William John Banville. O protagonista é Philip Marlowe, detective privado creado polo escritor de novela negra Raymond Chandler e cuxos herdeiros invitaron a Banville a darlle vida de novo.
Trátase dunha novela negra clásica. É visual e recrea ben os ambientes. Varios coincidimos en definila como moi cinematográfica.
Sen embargo, a maioría dos integrantes do club opinaron que lles resultou un libro aburrido, con exceso de descricións e nalgúns casos inverosímil. 
 
 

O libro que comentaremos o mes de novembro é Non me deixes nunca do autor nipón Kazuo Ishiguro.

martes, 25 de outubro de 2016

24 de outubro, Día da Biblioteca

Desde 1997 e por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil celébrase o Día da Biblioteca. O obxectivo é concienciar á poboación da importancia que ten a biblioteca como lugar de encontro de lectores e como ferramenta para mellorar a formación e a vida das persoas.
A Biblioteca Municipal de Caldas de Reis tamén quixo participar do día.





Regalamos libros e marcapáxinas.











Pola tarde houbo sesión de contos. Cristina fixo unha breve presentación recordando a todos os presentes, grandes e pequenos, que era o que se celebraba onte na biblioteca.
 E como non podía ser doutra maneira rematamos con contos.  Soledad Felloza fíxonos pasar unha tarde fantástica a grandes e pequenos con historias cargadas de humor que fixeron que as risadas, por un día, se escoitaran en toda a biblioteca.

GRAZAS POLA VISITA!
 

luns, 17 de outubro de 2016

Conversas en inglés


Se queres participar noutra temporada de Conversas en inglés todavía estás a tempo. A primeira reunión terá lugar o sábado 22 de outubro ás 12.00h. Se estás interesado vente canto antes pola biblioteca ou chámanos para inscribirte.

24 de outubro: celebración do Día da Biblioteca


martes, 27 de setembro de 2016

De reformas

A mañá do mércores 28 de setembro a biblioteca permanecerá pechada debido ás obras que se están realizando no centro.
Desculpade as molestias.

Visita á biblioteca




O alumnado do Centro Ocupacional "O Saiar" estivo de visita o pasado venres na Biblioteca Municipal.











Coñeceron as instalacións e os servizos do centro e gozaron cunha sesión de contos. 







Achegáronse ata a sección de narrativa onde houbo quen fixo algunha petición e atopou o material que lle interesaba.




Esperamos que o pasaran tan ben coma nós!

mércores, 21 de setembro de 2016

Materias pendentes

Este é un tempo de inicios, de novos proxectos...

Por este motivo a biblioteca presenta algún material que nos pode axudar no aprendizaxe de algunha lingua, que aconsella como poñernos en forma de maneira saudable, técnicas para o arranxo de mobles...
TI ELIXES, TODO É POÑERSE!

mércores, 14 de setembro de 2016

Empeza o curso

Chega setembro e na biblioteca municipal tamén retomamos as actividades, o horario...


Club de Lectura

As xuntanzas son o último xoves de cada mes ás 20.30h. A primeira reunión será o 27 de outubro pero o reparto dos libros terá lugar a finais de setembro.




 


Conversas en inglés

Trátase dun grupo de persoas adultas que se reúnen para practicar o seu inglés. Teñén lugar un sábado  cada quince días en horario de mañán.




Para máis información achégate á biblioteca ou contacta con nós no 986530604 ou no enderezo electrónico: biblioteca@caldasdereis.com

mércores, 13 de xullo de 2016

Ríos de palabras

Onte morreu Agustín Fernández Paz, o escritor máis premiado e prolífico da literatura infantil e xuvenil galega e un referente na defensa da nosa lingua. 
Na súa ampla obra salientan títulos como Cartas de inverno, Corredores de sombra, Aire negro, Non hai noite tan longa... 
A biblioteca conta cunha ampla representación da súa obra e invitamos a grandes e pequenos a coñecela.

Agustín Fernández Paz [Fot. Santos Díez; da fototeca da AELG]

Fai uns anos, creo recordar que polo 2009, e durante unha das edicións do Festival Cultura Quente a Biblioteca Municipal puxo en marcha unha actividade titulada "Un río de palabras".
Inspirounos para facela un dos relatos que aparecía nun dos seus libros "O único que queda é o amor", Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008. Esta obra abordámola no club de lectura esa temporada e de aí saíu a idea.
Puxémonos en contacto co autor para explicarlle a actividade e de xeito moi amable apoiou a iniciativa e concedeu gustoso a deixar que se usase para a mesma o título do seu relato. 

Pechamos este recordo coas palabras que hoxe no Diario de Pontevedra Kiko Da Silva lle adica ao seu amigo :
"Despídome sabendo que somos o rastro que deixamos e que ti deixaches un moi longo ateigado de verbas e personaxes fermosos"




mércores, 6 de xullo de 2016

A biblioteca no mercado

Aínda que o testemuño gráfico da saída que tivo lugar o luns catro de xullo non é bo, máis ben todo o contrario, queríamos deixar constancia no blogue dunha actividade, o bibliomercado, que nos gusta moito facer e que tamén gozaron, ademais de outros viandantes, un grupo de nenas acompañadas das súas nais,

O tempo pasou voando en tan boa compaña!!




venres, 1 de xullo de 2016

Bibliomercado

O vindeiro luns a partir das 10.30 da mañán atoparedes un posto da biblioteca municipal no mercado do pobo: o bibliomercado


Fai uns anos desde a Biblioteca Municipal "P. M. Martínez Ferro" quixemos dar a coñecer os nosos servizos, as actividades que se facían, en resumo saír dos nosos muros e achegarnos un pouco máis á veciñanza. Pensamos, sen lugar a dúbidas, que o mercado era o sitio idóneo e aquí seguimos como cada mes de xullo de fai xa uns cantos veráns.
Este ano ademais de levar unha pequena mostra do que podedes atopar na biblioteca haberá algunha que outra sorpresa... 
Esperámosvos!