luns, 29 de febreiro de 2016

Novidades de marzo

Co cambio de mes a biblioteca tamén modifica a súa mesa de novidades. Como podedes comprobar neste mosaico hai un pouco de todo pero o listado completo aparece máis abaixo.
Receitas para os máis larpeiros, manga, libros pop-up para , documentais impactantes, obras de divulgación científica...


Bota unha ollada!

xoves, 25 de febreiro de 2016

Contando con Rosalía

Onte, 24 de febreiro, celebrouse o aniversario do nacemento de  Rosalía de Castro e a biblioteca quería festexalo polo que invitamos a Marisa Irimia. Esta boa amiga veu cargada cun feixe de contos e poemas e tal e como nos prometera fixo un achegamento divertido á figura e poesía de Rosalía.


Un numeroso grupo de  rapaces de 4º de Primaria dos centros educativos do pobo gozaron coa actividade, participando activamente da mesma.
Por razóns de espazo fíxose no Auditorio...polo que os cabezudos tamén estiveron presentes!

luns, 22 de febreiro de 2016

Ti tamén contas!

Foi  unha mañá de sábado diferente...


 

Un grupo de veciños do pobo que participaban na actividade "Ti tamén contas", Juan, Alicia, Luisa, Susana e Cris, trouxeron un feixe de contos que fixeron as delicias de grandes e pequenos





   
Susana contando "O traxe de luces"



Historias sobre as estacións do ano, ratiñas presumidas que querían casar, elefantes coma Romeos, toureiros sen touro e libros sen debuxos pero con moitas risadas deixáronnos con ganas de máis.


Grazas a todos por participar!

mércores, 17 de febreiro de 2016

Contando con Rosalía


O 24 de febreiro cúmprese o aniversario do nacemento da nosa poeta por excelencia, Rosalía de Castro e desde a biblioteca queríamos celebralo achegando a súa figura e sobre todo a súa obra aos máis novos.
Para elo o xoves 25 contamos con Marisa Irimia, coñecida ilustradora e contadora, que xa nos visitou noutras ocasións.
A actividade está dirixida aos rapaces de 4º de Primaria dos centros educativos do Concello polo que nos xuntaremos un bo grupo e por motivos de espazo será preciso facela no Auditorio Municipal. 

¡Olliños de gloria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben, corasón de manteiga!

(Vente, rapasa)


xoves, 11 de febreiro de 2016

luns, 1 de febreiro de 2016

Novidades de febreiro



Este mes de febreiro poñemos a túa disposición 31 novos títulos: novela, cómic, ensaio, divulgación infantil... Consulta o boletín de novidades e probablemente atoparás algo que che interese.