venres, 30 de xuño de 2017

Presentación de libro "Canciones para no escuchar"


Non todos os días un rapaz novo, veciño do pobo, presenta o seu primeiro libro en solitario. O próximo venres ás 20.30h na biblioteca municipal Ernesto Diéguez Casal falaranos de "Canciones para no escuchar".

Noraboa Ernesto!

luns, 26 de xuño de 2017

Lecturas de verán na biblioteca: novidades

UN FEIXE DE NOVELAS...


SE CHE GUSTA O ENSAIO...


PARA OS XÓVENES FIXEMOS UNHA SELECCIÓN MOI ESPECIAL:


E QUE SERÍA DA BIBLIOTECA SEN OS MÁIS PEQUENOS?


Se queredes ver o boletín de novidades ao completo pica no seguinte enlace:

venres, 23 de xuño de 2017

Lecturas de verán na biblioteca

A semana que vén a biblioteca presentarache un montón de novidades: narrativa, divulgación e por suposto lecturas para os máis pequenos. Como é habitual cada ano non nos olvidamos do rincón das recomendacións para encher o teu verán de lecturas refrescantes...
 

venres, 16 de xuño de 2017

Contos para bebés





Onte pola tarde tivo lugar unha sesión de contos para os máis pequenos da casa.




Uns vinte nenos e nenas acompañados dos seus pais riron, cantaron, tocaron as palmas e escoitaron contos de tradición oral da man da agrupación Pavís-Pavós.



 




Coma sempre esta actividade dirixida aos máis pequenos e que se ven facendo fai uns anos na Biblioteca Pública Municipal por estas datas foi todo un éxito de asistencia.





 Esta actividade encádrase no programa Ler conta moito.
Esperamos que o pasárades ben!

luns, 5 de xuño de 2017

Historias doces e salgadas con Fátima Fernández

Na biblioteca de Caldas de Reis, o sábado día 3, ás 12.00 horas,  máis de vinte rapaces escoitaron historias, algunhas doces e outras salgadas, grazas á narradora Fátima Fernández.


Moitos foron os pais e as nais que quedaron a gozar cos seus cativos dunha sesión de contacontos familiar onde houbo risas, cancións e medo. Incluso coñecimos animais nunca vistos!



Con todos estos elementos, a sesión foi unha experiencia entrañable polo que ten o de compartir emocións e sorpresas.







 E como non podía ser doutra maneira, os pais tamén tiveron un protagonismo especial e participaron de xeito moi, moi activo.





Fátima Fernández agasallounos con historias soprendentes: galos que incuban ovos, porcos que queren cociñar lobos, bárbaros a cabalo que son moi especiais...






Foi unha xornada fantástica!!!
 Grazas familias por participar!


Esta actividade está cofinanciada pola Xunta, a través do programa Ler conta moito.