mércores, 31 de xaneiro de 2018

Club de lectura

O xoves 25 de xaneiro tivemos a primeira reunión do club de lectura deste ano 2018 e o debate non puido ser máis enriquecedor. A novela da sueca Linda Olsson, Astrid y Veronika, non deixou a ninguén indeferente.




As opinións eran moi diferentes, viscerais pero equilibradas. Aproximadamente a metade dos membros do club, gustoulles moitísimo esta historia de amizade entre dúas mulleres, a priori, sen nada en común. Apreciaron o estilo conciso e o vocabulario preciso, así como a sintonía entre os elementos naturais e o estado anímico dos personaxes.
Para outras persoas do club, esa relación de amizade tinguida de tristeza restaba verosimilitude ao texto o que fixo que non sen sentiran identificadas e polo tanto, que a historia non lles chegara a conmover.

 


Cada quen defendeu a súa opinión con entusiasmo, provocando unha das conversas máis dinámicas que se recorda. Así dá gusto emprezar o ano do club!












E seguimos con boas noticias, xa que a próxima lectura para comentar será Luns de Eli Ríos. Terá lugar o xoves 22 de febreiro e teremos a oportunidade de conversar coa escritora. Todo un luxo!

venres, 26 de xaneiro de 2018

Contos para os máis pequenos

 
Hoxe tivo lugar o obradoiro de animación á lectura para pais e nais de rapaces entre 1 e 4 anos: Contos para os máis pequenos.






Foi un verdadeiro pracer contar con este grupo de nenos e pais que visitaron esta tarde a biblioteca.



Falamos de contos, de rimas, de xogos... 

 



Ensinamos todo tipo de libros que a biblioteca ofrece a este público tan especial: libros pop-up, con sorpresa, con música...

Lecturas compartidas en familia

Descubrindo xuntos novos mundos...

e que mellor que facelo en compañía!

Entre contos antes da merenda...un bo plan para o venres!
 
Moitas grazas por vir! A biblioteca tamén é dos máis pequenos da casa.

martes, 16 de xaneiro de 2018

Xogas na biblio?

O sábado pasado fixemos visible novo material na biblioteca. Presentouse un lote de xogos dirixidos a nenos e nenas, mozos e público familiar, en realidade a todos aqueles que desexen compartir na biblioteca o seu tempo de ocio co xogo como protagonista.

 


Un expositor na entrada da biblioteca mostra os puzles, xogos de enxeño e deducción e xogos de palabras que as mañáns dos sábados, excepto se hai algunha actividade, estarán a disposición de todos aqueles que o soliciten para o seu uso no centro.





Fomos testemuñas de que grandes e pequenos pasárono moi ben cos distintos xogos que se presentaron. 






Ven a coñecer o rincón do xogo á biblioteca!

venres, 12 de xaneiro de 2018

A lanterna máxica

O pasado 27 de decembro estiveron Brian e Rubén na biblioteca co seu obradoiro "A lanterna máxica".







Un grupo de nenos e nenas pasárono en grande cunha actividade onde se mesturaba cine, teatro e literatura.









 
A primeira fase do obradoiro tivo lugar no auditorio onde Rubén e Brian explicáronlles a dinámica da actividade.




Os rapaces crearon a súa propia historia de zombis, fixeron o guión e practicaron os diálogos. A gravación da "curta" xa foi na biblioteca.

En definitiva, foi unha actividade onde os rapaces caldenses demostraron a súa gran creatividade. Noraboa!

martes, 9 de xaneiro de 2018

Novidades de xaneiro

Para os máis pequenos da casa aventuras con Gerónimo Stilton, clásicos adaptados, Greg e os seus problemas, música con María Fumaça e moito máis...



Narrativa e cómic xuvenil: un feixe de aventuras aderezadas con moito misterio.



Novela, ensaio e cómic para adultos.



Consulta o listado comlpleto aquí    

luns, 8 de xaneiro de 2018

Xogas na biblio?

Os Reis Magos tamén pasaron pola biblioteca. Xogos educativos, de cooperación, de enxeño... Achégate ata a biblioteca o sábado 13 de xaneiro a partir das once e media e proba a xogar con eles.